ERC matiza que non hai acordo cerrado por Sànchez e apunta a Junqueras

JxCat pide ao independentismo que non entre en "liortas"

Jordi Sànchez. EFE
photo_camera Jordi Sànchez. EFE

O portavoz de ERC, Sergi Sabrià, matizou este venres que o nome de Jordi Sànchez como candidato á Presidencia da Generalitat só foi proposto por JxCat, é dicir, que non foi acordado con ERC e que debe falarse con Esquerra para que poida ser avalado polo seu partido.

Segundo indicou Sergi Sabrià en declaracións a Catalunya Ràdio, "coa proposta feita por Puigdemont" de designación de Jordi Sànchez como candidato á investidura "rompe unha liña moi defendida" que é a de restitución do "goberno legítimo".

En clave de restitución, que é algo que centrou a campaña electoral de JxCat, o portavoz de ERC suxeriu como candidato alternativo a Sànchez o nome de Oriol Junqueras, por ser o exvicepresidente do Govern, ademais do líder do seu partido.

Pola súa banda, a coordinadora xeral do PDeCAT, Marta Pascal, avalou este venres que o candidato á investidura sexa o número dous de JxCat, Jordi Sànchez, e pediu ao independentismo non entrar en "liortas" de nomes despois de que os republicanos pidan que o presidente da Generalitat sexa Oriol Junqueras. 

Comentarios