Puigdemont asegura que as conversacións sobre a investidura avanzan "ben"

O expresident así o expresou nunhas declaracións para Catalunya Ràdio

Carles Puigdemont. AEP
photo_camera Carles Puigdemont. AEP

O expresidente da Generalitat Carles Puigdemont asegurou este sábado que as conversacións sobre a investidura e a posterior formación do goberno catalán "están a avanzar ben", e que "no esencial" progresan "con discreción".

En declaracións a Catalunya Ràdio, Puigdemont referiuse así ás conversacións que manteñen as formacións independentistas para superar a intervención da Generalitat.

"Todos queremos o mesmo, que haxa un levantamento do 155, un executivo que faga políticas que a xente votou e que se manteña o mandato do 1 de outubro", dixo o expresidente, para quen a intervención da Generalitat debería acabar ao coñecerse o resultado das eleccións catalás do pasado 21 de decembro.

Preguntado por como se atopa, Puigdemont asegurou que está "ben, razoablemente ben", "ultimando a situación e encarando os tempos que deben vir coa máxima esperanza e ilusión", comentou, sen ofrecer máis detalles.

Comentarios