O Supremo abre causa a Cañamero por coaccións e resistencia á autoridade

O alto tribunal investigará a actuación do deputado de Unidos Podemos e dirixente do Sindicato Andaluz de Traballadores durante a folga de lixo de El Coronil en 2013

Diego Cañamero con Juan Manuel Sánchez Gordillo. AEP
photo_camera Diego Cañamero

A Sala do Penal do Tribunal Supremo vén de abrir causa ao deputado de Unidos Podemos e dirixente do Sindicato Andaluz de Traballadores (SAT) Diego Cañamero por delitos de coaccións para iniciar ou continuar unha folga e resistencia á autoridade en relación coa folga do lixo del Coronil (Sevilla) en 2013. 

A causa, aberta polo Xulgado Número 4 de Utrera (Sevilla), seguirase instruíndo para Cañamero ante o alto tribunal dada o seu condición de aforado, mentres que para o resto de implicados continuarase investigando en Sevilla. 

Comentarios