Abel Caballero, ao seu sobriño: "Na familia fáltanos presidir a Xunta"

O alcalde de Vigo e o líder do PSdeG coincidiron en Fitur
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o secretario xeral do PSdG, Gonzalo Caballero, en Fitur. LAVANDEIRA JR (EFE)
photo_camera O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o secretario xeral do PSdG, Gonzalo Caballero, en Fitur. LAVANDEIRA JR (EFE)

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aludiu en Fitur ás eleccións autonómicas en Galicia que se celebrarán este ano e desexou sorte ao seu sobriño Gonzalo Caballero, líder do PSDEG.

Nunha pasaxe da presentación da oferta turística de Vigo, ao referirse ao atractivo da festa da Reconquista, Caballero revelou que o alcalde en 1816 era bisavó do seu avó.

Acto seguido, dirixiuse a Gonzalo Caballero, quen seguía a súa intervención desde a zona de público, e díxolle: "na familia fáltanos presidir a Xunta". 

Comentarios