El tiempo
sábado. 04.02.2023
El tiempo

Os accidentes de tráfico provocados por xabarís crecen un 67% en Galicia

Un xabaril. PIXABAY
Un xabaril. PIXABAY
É a segunda comunidade con maior número de sinistros contra animais 
 

Os accidentes de tráfico provocados por xabarís creceron un 67% en Galicia nos dous últimos anos,segundo despréndese do IV Informe do Centro de Estudos Ponle Freno-AXA de Seguridade Viaria sobre colisións de vehículos contra animais

Supón o segundo incremento maior entre comunidades, só superado por Asturias (+112%), e está 20 puntos por encima da media de avance en España (+47%). Séguenlles Cataluña e Aragón, con aumento dun 32%. 

O conxunto de animais cinexéticos representa o 72% dos accidentes do total, cun notable crecemento do 39% de sinistros respecto ao anterior informe. Para a realización do estudo, hanse analizado 8.053 accidentes provocados por colisión con animais no período comprendido entre 1 de novembro de 2017 e 31 de outubro de 2019. 

O número de accidentes contra animais incrementouse un 21% debido principalmente a forte aumento dos sinistros con xabarís que representan o 43 por cento do total de sucesos deste tipo. O can e o corzo intercámbianse a segunda e terceira posición no ranking de animais máis perigosos para a seguridade viaria, debido ao crecemento de accidentes do primeiro (+14%) e ao descenso no caso do segundo (-5%). Estes tres animais representan o 83% do total de sinistros rexistrados polo Centro de Estudos Ponle Freno AXA.

Ourense é a segunda provincia española máis perigosa para este tipo de casos

SEGUNDA COMUNIDADE CON MAIOR NÚMERO DE ACCIDENTES. Castela e León (22%), Galicia (20%) e son claramente as comunidades autónomas nas que se rexistra un maior número de accidentes contra animais. Cataluña(12%) ocupa a terceira posición no ranking seguida de Andalucía (8%), Castela-a Mancha e Aragón (ambas cun 6% do total). 

Por provincias, Burgos segue sendo a que rexistra un maior número de accidentes contra animais, debido principalmente ao forte impacto do corzo. Só nesta provincia prodúcese o 21% do total de accidentes contra este animal. Ourense sobe tres posicións e colócase como a segunda provincia máis perigosa, seguida das outras tres provincias galegas (A Coruña, Lugo e Pontevedra). 

Para Josep Afonso, director xeneral do Centro de Estudos Ponle Freno-AXA, "o forte aumento das colisións contra xabarís débese seguramente ao incremento da poboación deste tipo de animais e, posiblemente tamén, á saída destes a zonas urbanizadas en busca de comida".

Os accidentes de tráfico provocados por xabarís crecen un 67% en...
Comentarios