martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

Agárdanse choivas e tronadas ocasionais para este domingo

Día lluvioso. GONZALO GARCÍA
Este domingo os paraugas volverán a ser protagonisitas. PEPE TEJERO

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas manteranse

Nebulosidade e choiva intermitente e ocasionalmente treboenta, son as notas destacadas do tempo previsto para a xornada deste domingo, segundo informa Meteogalicia.

O instituto meteorolóxico prognostica que a comunidade rexistrará a influencia de baixas presións con vento moderado de compoñente oeste.

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Nas cidades galegas a mínima, de 5º, rexistraraa Lugo e Ourense e a máxima, de 15º, Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol. Así quedarán repartidos os valores: Santiago de Compostela: 7º de mínima e 14 de máxima; A Coruña 8º e 13º, Ferrol 8º e 15º, Pontevedra 8º e 13º, Vigo 8º e 15º e Lugo e Ourense 5º e 15º.

Respecto ao mar, prevese na costa Cantábrica vento do suroeste e do oeste variable con forza 2 a 3, con mar ovellado, visibilidade de boa a regular e mar de fondo do noroeste con ondas de 1 a 2,5 metros.

En Ferrol-Bares haberá vento do sur a suroeste con forza 2 a 5, forte marusía, visibilidade regular e mar de fondo do oeste a noroeste con ondas de 2 a 3 metros.

No Ártabro o vento soprará do oeste tirando a variable con forza 2 a 4, con mar ovellado a marusía, visibilidade regular e mar de fondo do oeste e noroeste con ondas de 2 a 3,5 metros e na Costa da Morte haberá vento do oeste a suroeste con forza 2 a 5, con marusía e mar ovellado, regular visibilidade e mar de fondo do oeste a noroeste con ondas de 2,5 a 4 metros.

Por último, nas Rías Baixas o vento será de oeste e suroeste con forza 4 a 6 con forte marusía e mar de fondo do noroeste.

A cota de neve situarase nos 1200 metros.

Agárdanse choivas e tronadas ocasionais para este domingo
Comentarios