lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

Unha amiga da parella, no xuízo: "Ibrahima trataba con desprezo a Tatiana"

 Ibrahima Ndiaye, en la segunda jornada del juicio.VICTORIA RODRÍGUEZ
Ibrahima Ndiaye. VICTORIA RODRÍGUEZ

Unha muller que coincidiu coa falecida nunha viaxe de Madrid a Lugo asegura que lle dixo que o acusado era "celoso, controlador e vingativo"

A segunda xornada do xuízo polo asasinato de Tatiana Vázquez continuou este mércores na Audiencia Provincial de Lugo con declaracións de varios achegados da moza e a súa familia. Entre elas, a dunha amiga da falecida e do acusado, Ibrahima Ndiaye, quen afirmou que el "nunca se comportou ben" con ela.

A preguntas do ministerio fiscal e da acusación particular, esta muller, que foi parella durante oito anos dun dos amigos de Ibrahima, asegurou que o procesado "trataba con desprezo e mandaba á merda" a Tatiana, ata o punto de que, estando os catro —a testemuña e a súa parella, Ibrahima e Tatiana— nalgún local de hostalería, o acusado marchaba e a deixaba quedar soa sen máis miramentos.

De feito, describiu un episodio, á saída dun pub, no que Ibrahima arrincou o coche, cando todos os demais estaban xa dentro, e deixou tirada a Tatiana, que incluso tivo que apartarse do vehículo cando intentaba entrar pola porta atrás. Tamén declarou que nunha ocasión o propio acusado lle confesara que Tatiana lle dera cincuenta euros para que fose cear en Nadal a casa dos seus pais.

Os pais de Tatiana non puideron conter as bágoas ao escoitar o relato das testemuñas sobre o mal que o acusado trataba á súa filla

Outra testemuña, unha muller que viaxou con Tatiana en autobús desde Madrid a Lugo cando ela regresaba dunha das súas viaxes a Senegal, dixo que a propia moza confesou que el era "controlador" e incluso "vingativo". Colleron o bus na capital e ela faloulle da súa relación. Ensinoulle fotos e asegura que lle pareceu "moi namorada". Pero tamén lle dixo que era celoso e a controlaba. "Víase claramente que lle tiña medo", dixo.

Nesa conversación, que ela puxo en coñecemento da policía ao decatarse de que a moza morrera, opina que a propia Tatiana lle deu "a entender que non era unha relación feliz". "A actitude era a dunha persoa namorada", engadiu, aínda que tamén dixo ter "a certeza" de que, polo seu comportamento, era unha "persoa maltratada".

MÁS TESTEMUÑAS. Prestou declaración tamén a cuñada de Tatiana, quen confirmou que falaba "todos os días con ela" e que Ibrahima a controlaba, motivo polo cal utilizaba dous móbiles diferentes para comunicarse cos seus amigos, de modo que un deles deixábao sempre en casa cando ía velo a el. Todos coñecían a preocupación dos pais de Tatiana pola súa relación co acusado, ata o punto de que chegaron a pedir consello a un policía amigo, porque tiñan "pánico".

Outra das testemuñas citadas foi o preso encargado de acompañar a Ibrahima durante as súas primeiras horas no centro penal de Bonxe, onde ingresou tras ser detido ao día seguinte da aparición do cadáver da moza, aínda que non achegou demasiada información ao tribunal, dado que asegurou non acordarse de moitas das cousas que lle dixo nun primeiro momento á policía.

Unha amiga da parella, no xuízo: "Ibrahima trataba con desprezo a...
Comentarios