Animalistas propoñen 'Luns sen carne' nos comedores de Galicia para combater o cambio climático

O 10% dos gases de efecto invernadoiro son causados pola cría de porcos e aves

Un comedor escolar. XESÚS PONTE
photo_camera Un comedor escolar. XESÚS PONTE

A Asociación animalista Libera proporá á Xunta de Galicia que se establezan 'Luns sen carne' nos comedores escolares, para prescindir dos produtos de orixe animal e contribuír así a combater o cambio climático.  A proposición dos animalistas será transmitida ás Consellerías de Educación e de Medio Ambiente, animando así á Xunta a imitar os proxectos que, desde unha perspectiva de sensibilización directa, apostan por concienciar ao conxunto da cidadanía. 

Propoñen así que en Galicia se imiten iniciativas como os 'Meet-Free Monday' que se aplican en cidades como Oslo, Los Angeles ou Edimburgo e que non se eluda o debate sobre o efecto nocivo da industria gandeira e cárnica. A conta de Twiter de Nacións Unidas divulgou nos últimos días unha serie de datos relacionados coa gandaría e o impacto ambiental, lembra Libera, con cifras como que o 10% dos gases de efecto invernadoiro son causados pola cría de porcos e aves, que o 80% das terras agrícolas dedícase á produción de gran para a gandaría ou que a deforestación é unha problemática relacionada coa demanda de máis terreos para o gando.

Comentarios