Atopa unha serpe vermella enriba da súa lavadora en Cangas

A Garda Civil recuperouna despois de que se agochase no tambor

Una serpiente roja en Cangas. TVG
photo_camera Una serpiente roja en Cangas. TVG

Unha veciña de Cangas levou un gran susto ao atopar enriba da súa lavadora unha serpe ratoeira vermella orixinaria dos Estados Unidos.

O réptil refuxiose no tambor de electrodoméstico e a Garda Civil encargouse de recuperala. A vivenda está nun segundo andar dun edificio. Por isto, e polo feito de que esa especie non se atope en Galicia, sospéitase que a serpe ten dono. Ben podería ser dun coleccionista ou dun traficante de animais, pois a súa pel é moi valiosa.