jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

A Audiencia dá luz verde ao xuízo contra Pachi Vázquez por presunto enchufismo

Pachi Vázquez
Pachi Vázquez. ARCHIVO
Rexeitou os recursos dos cinco investigados

Manuel Pachi Vázquez, exsecretario xeral do PSdeG e actual líder de Espazo Común, formación pola que é edil no Carballiño, será xulgado por presuntas contratacións irregulares na época na que era alcalde da localidade.

A Audiencia Provincial de Ourense rexeitou todos os recursos presentados, o do propio exconselleiro así como o do seu antecesor e os doutros tres exconcelleiros. Agora será o xulgado de Primeira Instancia número 2 do O Carballiño o que dite o auto de apertura de xuízo oral.

Esta noticia transcende o mesmo día en que se coñeceu que outro exlíder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, deberá sentar no banco polo caso Garañón, cuxa instrución deu por finalizada a xuíza Pilar de Lara.

A Audiencia dá luz verde ao xuízo contra Pachi Vázquez por presunto...
Comentarios