domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

A auditoría de Podemos di que "non se pode garantir a integridade" do resultado das primarias de En Marea

Luís Villares y David Bruzos. PEPE FERRÍN
Luís Villares e David Bruzos. PEPE FERRÍN

Afirma que a plataforma de votacións "mostra graves deficiencias" que permiten a "calquera usuario" do sistema acceder a "datos persoais"
 

O perito informático contratado por Podemos Galicia para auditar o proceso de votacións das primarias de En Marea conclúe no seu informe que "non se pode garantir a integridade dos resultados do proceso electoral acontecido nas votacións do 22 e 23 de decembro", no que a lista de Luís Villares se impuxo con case o 60% dos votos á candidatura do sector crítico, na que participaba o partido morado. 

Esta é unha das conclusións que resalta Lorenzo Martínez, da consultoría Securízame, na súa auditoría sobre a primarias encargada por Podemos e á que este martes tivo acceso Europa Press. Nela, o perito afirma que a plataforma de votacións "mostra graves deficiencias" que permiten a "calquera usuario" do sistema acceder a "datos persoais" do resto de persoas inscritas. 

Así, determina que Ledmon Markenting, a empresa contratada pola dirección de En Marea para desenvolver unha nova plataforma após a súa decisión de prescindir da anterior, "non ten experiencia suficiente nin cualificación para levar a cabo un desenvolvemento cunhas garantías de seguridade adecuadas que aseguren a inalterabilidad das votacións do proceso electoral, ou a auditabilidade posterior do mesmo". 

"O descoñecemento por parte deste perito sobre quen puido e pode ter acceso á base de datos onde se albergan os resultados de cada votación, non permite a este perito garantir que estes puidesen manter a integridade con relación ao realmente votado por cada usuario durante todo o proceso electoral", apunta a auditoría nas súas conclusións. 

A auditoría de Podemos di que "non se pode garantir a integridade"...
Comentarios