
O 'bólido', que deixou un ronsel de luz, foi visto tamén en Estremadura
Varios usuarios de redes sociais, principalmente Twitter, alertaron durante a tarde noite deste martes, 30 de outubro, da presenza dun suposto meteorito no ceo de Galicia, outras comunidades como Asturias e Estremadura e mesmo en Portugal.
O avistamento, sobre o que non existe unha confirmación oficial, realizouse cara ás 20.30 horas (oito e media da noite).
Este 'bólido', a xulgar polos comentarios, deixou un ronsel moi visible de luz no ceo de Galicia.