martes. 19.10.2021 |
El tiempo
martes. 19.10.2021
El tiempo

O Barco rexistra un brote con catro positivos nunha familia, dous deles nenos

Una sanitaria le realiza una prueba PCR a un hombre. EFE
Una sanitaria le realiza una prueba PCR a un hombre. EFE
Desde ese momento atópanse en situación de illamento no seu domicilio e con seguimento de profesionais sanitarios do seu centro de saúde.
O Concello do Barco de Valdeorras rexistra un brote de coronavirus con catro positivos dunha mesma familia, dúas deles nenos. 

Segundo informa a área sanitaria de Ourense, o pasado martes, 18 de agosto, detectáronse dous positivos dunha mesma familia dun home de 45 anos e unha muller de 40 anos. Ambos presentaban unha sintomatología leve

Desde ese momento atópanse en situación de illamento no seu domicilio e con seguimento de profesionais sanitarios do seu centro de saúde. 

O seguimento dos seus contactos arroxou este xoves dous novos casos positivos na súa familia tras realizarlles probas PCR. Son dous nenos que actualmente non teñen síntomas e tamén están en illamento domiciliario. 

O Barco rexistra un brote con catro positivos nunha familia, dous...
Comentarios