A borrasca Etienne podería afectar a Galicia durante a ponte da Constitución

Podería deixar precipitacións na comunidade o venres pola tarde

Evolución da borrasca Etienne. AEMET
photo_camera Evolución da borrasca Etienne. AEMET

A borrasca Etienne –denominada así polo Servizo Meteorolóxico portugués (IPMA)– podería afectar a Galicia o próximo venres. Con todo, o seu efecto sobre a comunidade será moi suave, toda vez que a AEMET non activou  ningún aviso meteorolóxico.

La borrasca nombrada #ETIENNE por @ipma_pt sólo afectará el noroeste peninsular. No hay avisos activados por @AEMET Seudoimágenes 4-5 dic 2018 Meteolab pic.twitter.com/9G7jIs41uy

— RAM meteorología (@RAM_meteo) 4 de decembro de 2018

Durante a ponte da Constitución, o tempo en Galicia será moi cambiante. O xoves, a comunidade estará influenciada polas altas presións. Con esta situación, o día amencerá con néboas e nubes baixas que se irán disipando a medida que avance o día. Os ceos finalmente quedarán despexados, excepto na franxa atlántica, onde las nubes persistirán durante toda a xornada. 

O venres, unha fronte pouco activo chegará a Galicia co avance do día. Así, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos e a partir do mediodía agárdanse precipitacións.

A fin de semana a situación será similar. Prevalecerán as nubes e hai alta probabilidade de choivas na noite do sábado para o domingo.

As temperaturas serán suaves para a época do ano.

Comentarios