Frío inicio de fin de semana, que finalizará con sol e temperaturas agradables

Espérase que as próximas horas impere o frío na comunidade, con precipitacións que serán en forma de nevada a partir dos 600 metros

Nieve en O Cebreiro. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Nieve en O Cebreiro. VICTORIA RODRÍGUEZ

A chegada dunha fronte fría propiciará entre este xoves e este venres un cambio brusco do tempo en Galicia. "Trátase dun episodio invernal típico, no que o máis destacado é que chega tras uns días con temperaturas moi cálidas", sinalou a Efe Delia Gutiérrez, portavoz da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

Así, "o cambio será moi brusco", pero a borrasca e esta situación de frío e neve "non se alongará no tempo e a partir do sábado a situación volverase máis anticiclónica", destacou a portavoz.

A montaña de Galicia está afectada polas nevadas a partir dos 600 metros, unha cota moi baixa, do mesmo xeito que en outras zonas da Península como a cordilleira Cantábrica, Pireneos ou a Meseta norte. Nas serras de Cazorla, Alcaraz e Segura, a cota situarase a 800 metros.

VENRES E FIN DE SEMANA. Para este venres, continuará o descenso xeneralizado das temperaturas e a cota de neve situarase entre os 800 e 1.000 metros. Na Coruña e Ourense, as temperaturas moveranse entre os dez e os catorce graos.

A partir do sábado, o anticiclón dominará novamente o panorama, con temperaturas máis suaves. 

Ante estas previsións, a DXT e Protección Civil recomendan extremar a precaución na estrada e dispoñer do equipamento adecuado para transitar en condicións de seguridade, como cadeas ou pneumáticos de inverno, o depósito da gasolina cheo, roupa de abrigo e un teléfono móbil con batería de recambio e cargador.

Comentarios