Os casos activos de Covid-19 en Galicia elévanse ata os 180 tras sumar 17

Un hombre con mascarilla pasa ante un mural de Rosalía de Castro en Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Un hombre con mascarilla pasa ante un mural de Rosalía de Castro en Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)

Os brotes e focos de coronavirus rexistrados nas últimas xornadas en Galicia, como o do Fuenlabrada ou o do Porriño, elevaron esta xornada os casos activos de Covid-19 na comunidade, que soben en 17 e alcanzan os 180. 

Segundo a información proporcionada pola Consellería de Sanidade, a área sanitaria con máis casos é a de Lugo, con 80 activos, seis máis que no parte do día anterior. Nesta área detectouse este xoves un foco importando con varios membros dunha mesma familia afectados, entre eles unha traballadora dunha residencia en Xove. 

Así mesmo, 43 casos activos están na Coruña --catro máis-- e 31 na de Vigo --que engade outros catro--. Pola súa banda, na área sanitaria de Pontevedra están activos 11 casos de COVID-19 --dous máis que este xoves--, a mesma cifra que na de Santiago e Barbanza --que sobe un--. A de Ourense mantense en catro casos activos e Ferrol segue sen ningún. 

Do mesmo xeito, segundo a información de Sanidade, elévanse unha xornada máis as persoas hospitalizadas, que alcanzan as 10, dúas máis que este xoves. Un total de 170 afectados están no seu domicilio e non hai ningún enfermo na Uci. 

Ata o momento, Galicia rexistra 11.197 persoas curadas e 619 falecementos. A cifra de mortes por coronavirus permanece sen variación desde o 10 de xuño. 

En canto ás residencias, que este xoves non rexistraban ningún afectado nin entre internos nin entre traballadores, o último parte do Sergas informa dun profesional afectado por Covid-19. Trátase dunha traballadora dunha residencia de Xove que, segundo fontes próximas, contaxiouse, do mesmo xeito que outros familiares, por unha visita procedente de Cataluña.