viernes. 26.11.2021 |
El tiempo
viernes. 26.11.2021
El tiempo

Os centros educativos superan os 600 positivos

Un aula vacía. EUROPA PRESS
Un aula vacía. EUROPA PRESS
Pecha un punto de atención á infancia en Boborás 

A incidencia do covid-19 nos centros educativos experimentou un repunte nas últimas xornadas. Segundo os datos facilitados polas autoridades sanitarias, os positivos superan xa os 600 nestas instalacións, en concreto 83 máis que os informados o sábado, obrigaron a pechar un punto de atención á infancia en Boborás. 

En total, son dous os centros que permanecen clausurados debido aos casos de coronavirus: o PAI de Boborás, cun positivo, e a escola infantil Santa Ana en Celanova, que conta con dous casos confirmados por covid-19. 

Con estes son xa tres as instalacións educativas que se viron obrigadas a pechar debido á incidencia da pandemia desde o inicio de curso, xunto co colexio plurilingüe Calasancio de Pontevedra. A maiores, hai 22 aulas clausuradas en todo o territorio galego. 

A área de Ourense segue rexistrando as peores cifras de contaxios de toda Galicia e mantén seis aulas pechadas, ademais destas dúas escolas infantís. A pesar diso, conta con menos casos que o sábado, 157 positivos respecto dos 182 indicados no último balance de positivos en activo.

Os centros educativos superan os 600 positivos
Comentarios