Un coche arde en Pazos de Borbén e os seus ocupantes saen ilesos

O condutor decidiu deter o vehículo ao detectar fume
Coche ardendo en Pazos de Borbén. DP
photo_camera Coche ardendo en Pazos de Borbén. DP

Varios mozos resultaron ilesos este xoves tras comezar a arder o turismo no que viaxaban en concello de Pazos de Borbén.

Segundo explican testemuñas dos sucedido, o condutor decidiu deter o vehículo ao detectar fume. Segundos despois iniciouse o lume. Afortunadamente, os ocupantes do turismo, veciños de Redondela, atópanse ben. 

Comentarios