miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

Compromiso por Galicia abrirá contactos con En Marea e BNG para unha candidatura conxunta

Piñeiro Docampo, secretario xeral de Compromiso por Galicia, nunha foto de arquivo. PEPE FERRÍN
Piñeiro Docampo, secretario xeral de Compromiso por Galicia, nunha foto de arquivo. PEPE FERRÍN

Entenden que como "galeguistas" é necesario "ter unha representación xenuinamente galega nas Cámaras do Estado"

A Comisión Executiva Nacional e o Consello Nacional de Compromiso por Galicia decidiron "abrir unha canle de exploración para chegar a unha candidatura de partidos galegos" de cara ás eleccións do 28 de abril, para o que buscan establecer contactos con En Marea e BNG.

Nun comunicado, a dirección de CxG en aras do "chamado ao voto útil e ante a deriva dos acontecementos e posicións na votación dos PGE" entenden que como "galeguistas" é necesario facer un esforzo "co obxectivo de ter un grupo político con centro de decisión exclusivo en Galicia".

Buscan, "ter, ao fin, unha representación xenuinamente galega nas Cámaras do Estado", sendo un reto para o que "fai falta xenerosidade nos partidos galegos".

Para iso, Piñeiro Docampo, secretario xeral de Compromiso lanzou esta proposta coa que apostan "por unha coalición estratéxica e xenerosa de forza con centro de decisión exclusivamente" en Galicia.

"Imos pór esforzo en que isto sexa así, agora non toca antepor os proxectos partidarios de país ou de concellos e de Europa, non é esa a convocatoria" xa que a convocatoria do próximo abril "é unha situación excepcional e require dunha visión política plural" na que "arriscar todos para conseguir representar os intereses galegos con autonomía e independencia".

Con todo, para Compromiso esta proposta é unicamente para concorrer ás xerais porque "queda claro que o traballo cara ás europeas e municipais é outro, no que cada quen xa ten o seu camiño". 

Compromiso por Galicia abrirá contactos con En Marea e BNG para...
Comentarios