Condenado a tres anos e cinco meses de cárcere por roubar nunha vivenda con okupas

O suxeito foi invitado a subir ao inmoble e alí agrediu a outra persoa e subtraeulle o diñeiro que levaba

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres anos e cinco meses de cárcere ao autor dun roubo con violencia no interior dunha vivenda na que residía como okupa, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). 

O tribunal considera acreditado na sentenza que o sospeitoso e outra persoa planificaron roubarlle á vítima, que vivira con eles, os 700 euros que cobraba todos os meses de prestación do Inem. 

Así, invitárona a subir ao inmoble e, unha vez alí, o procesado iniciou unha discusión con ela e golpeouna nun ollo. Durante a pelexa, a persoa que non foi xulgada –ao atoparse en situación de rebeldía– subtraeulle o diñeiro á vítima e agrediuna cunha arma punzante. 

O prexudicado conseguiu fuxir ata a rúa, onde foi auxiliado por varias persoas, quen chamaron a unha ambulancia e alertaron á policía. Por estes feitos, o tribunal tamén lle impuxo ao sospeitoso o abono dunha indemnización de 1.400 euros. 

No seu fallo, descarta, como sostiña a Fiscalía, que os feitos declarados probados imputados ao acusado sexan constitutivos dun delito de homicidio en grao de tentativa ou dun delito de lesións.