martes. 26.10.2021 |
El tiempo
martes. 26.10.2021
El tiempo

O Constitucional avala a prohibición dunha manifestación en coche o 1 de maio en Vigo

Tribunal Constitucional. AEP
Tribunal Constitucional. AEP
A CUT pediu autorización para celebrar a protesta rodada en vehículos particulares en Vigo
A Sala Primeira do Tribunal Constitucional avala que se prohiba unha manifestación en Vigo o 1 de maio, Día do Traballo, ao considerar que non se dan as circunstancias que permiten o exercicio do dereito de reunión pola situación excepcional derivada da pandemia do coronavirus

Nun auto ditado este xoves, o Constitucional inadmite o recurso de amparo interposto pola Central Unitaria de Traballadores contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que lle denegou o permiso para unha manifestación en coches o 1 de maio en Vigo.

O TC esgrime que a relación entre o dereito á vida e o de reunión esixe unha ponderación pola que, "ante a falta das garantías de seguridade nunha situación de máximo contaxio", debe primar o primeiro dereito.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimara previamente o recurso da CUT contra a resolución de 21 de abril da Subdelegación do Goberno de Pontevedra que lle denegaba a organización dunha manifestación en coches o 1 de maio en Vigo.

A CUT pediu autorización para celebrar a protesta rodada en coches particulares en Vigo, cunha persoa por vehículo, con saída desde a praza de España para finalizar ante a Delegación territorial a Xunta.

O Constitucional avala a prohibición dunha manifestación en coche o...
Comentarios