lunes. 18.10.2021 |
El tiempo
lunes. 18.10.2021
El tiempo

O consumo de alcol aumenta un 70 por cento durante os fins de semana

O consumo de alcol aumenta un 70 por cento durante os fins de semana
O consumo de alcol aumenta un 70 por cento durante os fins de semana
O consumo medio de alcol en todo o territorio español ao ano é de 5,7 litros de etanol puro por cada habitante maior de quince anos
Un estudo realizado pola rede ESAR-Net detectou que o consumo de alcol en España aumenta nun 70% os fins de semana con respecto aos datos de consumo rexistrados nos días lectivos. 

Nun comunicado remitido aos medios pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), que coordina esta investigación, infórmase de que o consumo medio de alcol en todo o territorio español ao ano é de 5,7 litros de etanol puro por cada habitante maior de quince anos. 

Estes datos obtéñense da análise de augas residuais de dezasete depuradoras de trece cidades españolas, cunha poboación total de seis millóns de habitantes, e cuxos resultados foron recollidos nun artigo publicado na revista 'Drug and Alcol Dependence'

O estudo tamén rexistra que o consumo de alcol é maior nas grandes cidades que nas pequenas e que, no caso de Galicia, representada neste estudo por Santiago de Compostela, o nivel áchase por baixo da media, aínda que é 'estatisticamente equivalente á maioría das Comunidades autónomas investigadas'. 

O consumo de alcol aumenta un 70 por cento durante os fins de semana
Comentarios