domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

A cota de neve baixa ata os 500 metros e volve a choiva este luns de Entroido 

Dúas amigas fan fotos na neve. EFE
Dúas amigas fan fotos na neve. EFE

As temperaturas sufrirán un importante descenso ► As precipitacións caerán de xeito intermitente ao longo de toda a xornada

 

A comunidade volverá a rexistrar este luns de Entroido unha nova entrada e aire frío procedente do Atlántico norte entre ventos frouxos de compoñente oeste, o que provocará un descenso das temperaturas. O interior rexistrará xeadas.

A cota de neve situarase na montaña lucense e ourensá entre os 500 e 600 metros de altitude nas primeras horas do día ata subir aos 800 metros cara o final do luns.

En canto ás precipitacións, estas caerán de forma intermitente na zona norte da comunidade desde a primera hora da mañá e acabarán por estenderse por todo o territorio galego ao longo da xornada, segundo informa Meteogalicia.

Temperaturas mínimas e máximas nas principais cidades galegas

​A Coruña 6° 10°
Ferrol 5° 10°
Lugo 2° 7°
Ourense 4° 10°
Pontevedra 3° 10°
Vigo 4° 11°
Santiago de Compostela 4° 9°

 

Situación do mar

Respecto da situación marítima, Meteogalicia prognostica na costa Cantábrica vento do noroeste a oeste con forza 2 a 5, marusía, visibilidade mala ou regular e mar de fondo do noroeste, con ondas de 3,5 a 4,5 metros.

En Ferrol-Bares prevé vento do noroeste a oeste con forza 2 a 6, marusía ou forte marusía, visibilidade mala ou regular e mar de fondo do noroeste, con ondas de 3,5 a 4,5 metros.

Para a zona de Ártabro indica que o vento soprará do noroeste virando a oeste con forza 3 a 6, con marusía ou forte marusía, visibilidade mala ou regular e mar de fondo do noroeste, con ondas de 3,5 a 4,5 metros.

Na costa da Morte haberá vento do noroeste virando a oeste con forza 2 a 6, marusía a forte marusía, visibilidade mala ou regular e mar de fondo do noroeste, con ondas de 3,5 a 4,5 metros.

Por último, nas rías Baixas haberá vento de noroeste virando a oeste con forza 2 a 5, con marusía, visibilidade mala aínda que mellorará pola tarde para empeorar de noite e ondas de noroeste de 2,5 a 3,5 metros.

 

A cota de neve baixa ata os 500 metros e volve a choiva este luns...
Comentarios