miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

CxG propón que se poida sacar o carné de conducir aos 16 anos en Galicia

Un coche de autoescuela. ADP
Un coche de autoescola ADP

A formación veo necesario dada a "dispersión territorial e a configuración do tecido empresarial" na comunidade

Compromiso por Galicia (CxG) vén de propoñer que a idade mínima para obter o carné de conducir en Galicia baixe dos 18 aos 16 anos. 

Segundo sinalou a formación a través dun comunicado, esta proposta parte das diferentes xuntanzas que mantén o partido con colectivos e organizacións co fin de "coñecer de primeira man as necesidades do país". Neste sentido, sostén que a rebaixa da idade mínima para sacar o permiso de conducir é unha demanda do sector das autoescolas.

Así, CxG reclama as competencias en materia de tráfico e de formación vial para Galicia e tamén que se implante unha modalidade de permiso de conducir aos 16 anos, que estea vinculado a unha oferta de traballo ou a unha necesidade de formación.

O partido fundamenta a proposta na "realidade" de que moitos mozos galegos teñen que facer moito desprazamento para a súa actividade laboral ou formativa e, segundo sinala CxG, a resposta da Xunta de Galicia en relación ao transporte "só é válida nas zonas das cidades". 

"En Alemaña e Francia xa é posible, polo que entendemos que en Galicia, coa nosa necesidade e particularidade, é xustificada esta variación", conclúe.

CxG propón que se poida sacar o carné de conducir aos 16 anos en...
Comentarios