domingo. 23.01.2022 |
El tiempo
domingo. 23.01.2022
El tiempo

Os incendios de Viana e Monterrei, en Ourense, arrasan con 330 hectáreas

Medios desplegados en Viana do Bolo. @BrifLaza
Medios despregados en Viana do Bolo. @BrifLaza
O de Viana do Bolo é o maior deste verán, con máis de 220 hectáreas calcinadas, mentres que o de Monterrei puxo en alerta núcleos de poboación

Un incendio en Viana do Bolo, que se atopa activo, arrasou unhas 230 hectáreas, segundo a actualización da tarde deste venres da Consellería de Medio Rural. Outro en lume en Monterrei avanza sen control e polo momento queimou unhas cen hectáreas. Este último, ademáis, ameazou a varios núcleos de poboación.

O lume de Viana, iniciado ás 20.28 horas do xoves na parroquia de Vilardemilo, rexistrou ata cinco focos diferentes no seu comezo, polo que este departamento apunta a unha "clara intencionalidade". dieciséis medios aéreos así como doce agentes, 36 brigadas, 18 motobombas y dos palas

No seu control traballaron dezaséis medios aéreos, doce axentes, 36 brigadas, 18 motobombas e dúas pás. 

Pola súa banda, o lume forestal declarado o pasado mércores en Verín está controlado desde a tarde deste venres. A estimación de superficie afectada polas chamas continúa nas 144 hectáreas.

Deste xeito, o de Viana xa é o de maior superficie arrasada nesta campaña de alto risco en Galicia.

O alcalde Secundino Fernández ve "clara" a intencionalidade dos incendios rexistrados entre este xoves e este venres no municipio. "Está claro que buscaban unha repercusión ecolóxica e ambiental. E económica, tamén", trasladou a Europa Press o rexedor, quen tamén valorou que todos os lumes rexistrados desde este xoves en varias parroquias "non tiveron perigo para os núcleos de poboación". 

O rexedor de Viana lamentou que a área afectada é "de alto valor ecolóxico, ambiental e económico". "Foi buscada precisamente esa zona. Sabían perfectamente que queimar aí era queimar esa zona de valor económico", incidiu Fernández, aínda que matizou que se trata dunha mera sospeita: "Non teño datos, só polo que podo observar". 

Así mesmo, asegurou a Europa Press o rexedor, o hipotético responsable "sabía que ás 20.30 da noite non se ía a dar apagado o incendio" de Vilardemilo "antes de escurecer".

"PARECE QUE SE PUXERON DE ACORDO". Á parte do de maior tamaño, o municipio rexistrou "outros tres máis en distintas parroquias" —Pexeiros, Froxais e Rubiais—, aínda que de menor intensidade: "Non foron tan graves como este (o de Vilardemilo), pero está claro que parece que se puxeron de acordo para plantar o lume". 

Sobre o de Vilardemilo, non ten dúbidas de que "buscan unha repercusión económica" ao ser "nunha zona boscosa de moito valor", tamén ecolóxico.  Así, botou a vista atrás e lembrou que hai "poucos anos" un gran incendio xa calcinou boa parte de "a riqueza madeireira" do municipio. "E agora, a parte que quedou sen arrasar, foi a que buscaron", aseverou Fernández.

LUME EN MONTERREI. O incendio forestal rexistrado na tarde do venres en Monterrei pon en alerta a núcleos de poboación pola proximidade do lume a vivendas. A Consellería do Medio Rural declarou como medida preventiva a denominada situación 2 pola proximidade ás casas.

O lume iniciouse en torno ás 17.05 na parroquia de Flariz, e ameaza a núcleos de A Caridade e A Salgueira, así como a unha zoa de carballos. Pechouse demáis ao tráfico a estrada que une Medeiros e O Requeixo. 

O alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, asegurou que o lume "está complicado" polo vento, e non descarta que poida chegar a algunha zona habitada.

LUME EN CUALEDRO. O incendio forestal que obrigou este venres a cortar a circulación —xa restablecida— na estrada OU-1018 quedou controlado desde as 16.50 horas. Aínda que nun primeiro momento a Consellería de Medio Rural situaba este lume no municipio de Monterrei, a medición definitiva do incendio arroxa que se atopa no Concello de Cualedro, na parroquia de Rebordondo. A superficie afectada é de 0,65 hectáreas.

O lume declarouse sobre as 13.10 horas e o fume provocado deu lugar ao corte temporal da vía. Nas tarefas de extinción participaron dous helicópteros, un avión, dúas motobombas, catro axentes e dous axentes. 

Os incendios de Viana e Monterrei, en Ourense, arrasan con 330...
Comentarios