Detido un home por asaltar con arma branca a catro mulleres maiores en Ourense

Ao individuo lle constaba unha orde de procura, detención e ingreso en prisión decretada por un Xulgado de Lugo
11eeabb9-472a-4835-9ecc-bad019e5727e
photo_camera Comisaría de Ourense

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a un home como presunto autor de catro delitos de roubo con violencia/ intimidación, con arma branca, a mulleres maiores perpetrados na vía pública. Ademais, constáballe unha orde de procura, detención e ingreso en prisión decretada polo Xulgado de Vixilancias Penal de Lugo.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos sucederon, por unha banda, o 28 de maio sobre as 15,30 horas cando a vítima ía acceder ao seu portal; o 29 do mesmo mes sobre as 1,00 horas cando saía do seu vehículo logo de ser estacionado, o 31 de maio sobre as 21,30 horas ao acceder ao seu portal e o 1 de xuño sobre as 8,15 horas cando estaba en vía pública.

Todos os asaltos, relatou a Policía, foron "con mesmo modus operandi que consistía en sorprender ás vítimas, sempre mulleres maiores e ameazarlles cun punzón, coitelo ou similar e dando un forte tirón do bolso para, posteriormente, abandonar á carreira o lugar do suceso".

En todos os feitos denunciados o individuo levou os bolsos das vítimas, os cales contiñan obxectos persoais e documentación, así como diñeiro en metálico. A totalidade do seu valor superaba os 2.000 euros.

O Grupo de UDEV da Brigada Provincial de Policía Xudicial realizou a investigación dos feitos delituosos, complementada con medios técnicos así como declaracións de testemuñas, no marco da cal foi identificado o presunto autor, que quedou detido ás 18,50 horas do 1 de xuño.

No momento de realizar o cacheo e rexistro superficial de seguridade, destacou a Policía, os axentes localizaron diversos cartóns bancarios, carné de conducir e DNIs a nome dunha das vítimas e a nome dun fillo doutra das asaltadas.

Retirada fraudulenta

Unha das mesmas vítimas ampliou a súa denuncia na que pon de manifesto a retirada fraudulenta de 300 euros da conta do seu fillo por parte dunha muller que non é ela.

Os investigadores confirmou que dita retirada foi realizada por unha muller que figura no contorna do detido.

Comentarios