Detido un home por impedir ao guindastre que levase o seu coche en Ferrol

O vehículo presentaba os pneumáticos traseiros en mal estado, o que supón motivo de sanción e a súa consecuente inmovilización
Un policía local de Ferrol. EP
photo_camera Un policía local de Ferrol. EP

A Policía Local de Ferrol detivo na madrugada do pasado martes a un home por impedir ao guindastre municipal que levase o seu coche do aparcadoiro do McDonald's. 

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, ata o lugar desprazáronse axentes ante problemas de circulación na zona. Alí detectaron que o vehículo do detido presentaba os pneumáticos traseiros en mal estado, ao estar a carrocería baixa pola suspensión, o que supón motivo de sanción e a consecuente inmovilización do coche no depósito municipal. 

Ao informar ao condutor, este comezou "a utilizar agresividade verbal e unha linguaxe corporal de alteración e intimidación cara aos axentes", segundo o relato policial. 

O home comezou a gravar co teléfono móbil e impediu en varias ocasións a retirada do vehículo. Por todo iso foi esposado. Posteriormente, foi levado a un ambulatorio por feridas nun cóbado no momento da detención.

Comentarios