Un bañista devolveu a mar aberto unha cría de quenlla azul que quedara atrapada entre unhas rochas na praia de Portomaior, en Bueu.
O exemplar foi atopado por uns nenos, que posteriormente avisaron a un adulto. Ao detectar que a marea estaba a baixar, decidiron levalo a mar aberto para que puidese seguir o seu rumbo