domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

Dous feridos graves nun choque entre un coche e un camión en Ribadavia

Estado en el que quedó el coche implicado en el accidente en Ribadavia. CRTVG
Estado en el que quedó el coche implicado en el accidente en Ribadavia. CRTVG

Dúas persoas feridas foron rescatadas do interior dun vehículo tras rexistrarse un accidente entre un coche e un camión este mércores pola tarde no termo municipal de Ribadavia. 

Segundo informou fontes do 112 Galicia a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 14.30 horas deste mércores no quilómetro 1,5 da estrada OU-504 ao seu paso por Ribadavia. 

As dúas persoas feridas foron liberadas do interior do vehículo no que circulaban por efectivos dos Bombeiros do Carballiño e do GES de Ribadavia. 

Logo de ser excarceradas do vehículo accidentado, as dúas persoas feridas foron atendidas persoal dos servizos sanitarios mobilizados. Este sinistro ocasionou, así mesmo, dificultades na circulación rodada na zona. 

Dous feridos graves nun choque entre un coche e un camión en...