Educación ofrecerá 3.002 prazas de vacantes no concurso de traslados

A maior parte das prazas para mestres de ensino secundario ►Búscase  docentes galegos e, como consecuencia, ao sistema educativo

Un profesor distrubuye material para un examen. DAVID AGUILAR (EFE)
photo_camera Un profesor distrubuye material para un examen. DAVID AGUILAR (EFE)

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional anunciou que ofrecerá "o maior número de vacantes ao concurso de traslados da historia de Galicia, con 3.002", segundo informou o departamento nun comunicado.

A decisión tomouse este martes de forma previa á negociación na Comisión Técnica para a Determinación das Vacantes do Concurso de Traslados, constituída por acordo da Mesa Sectorial do Ensino Non Universitario.

A proposta inicial de vacantes, tal e como destacou a Consellería, "vese incrementada en máis de 900 prazas logo da reunión da comisión", na que participan a propia Consellería, a Confederación Intersindical Galega (CIG), Comisións Obreiras (CC OO), Asociación Nacional de Profesionais do Ensino (Anpe) e a Federación de Empregados dos Servizos Públicos de UXT.

Así, a maior parte de vacantes é de profesores de Ensino Secundario (1.177), por diante de mestres (1.017), profesores técnicos de FP (380), profesores de Escolas Oficiais de Idiomas (151), profesores de Música e Artes Escénicas (134), catedráticos de Música e Artes Escénicas (119), profesores de Artes Plásticas e Deseño (21) e mestres de Obradoiro de Artes Plásticas e Deseño (3).

Esta oferta contribuirá a "dotar de maior estabilidade aos docentes galegos e, como consecuencia, ao sistema educativo", así como "diminuír a provisionalidade ao diminuír notoriamente o número de persoal docente en expectativa de destino".