Tres encapuchados asaltan a casa dun matrimonio en Amoeiro

As vítimas son maiores e a súa mobilidade é reducida

Chan da casa na que roubaron en Amoeiro. CRTVG.ES
Chan da casa na que roubaron en Amoeiro. CRTVG.ES

Un matrimonio sufriu un asalto na súa casa na aldea do concello ourensán de Amoeiro. As vítimas son un home e unha muller de idade avanzada con mobilidade reducida.

Tres homes encapuchados e que falaban galego, segundo os donos da casa, ataron ao matrimonio de mans e pés para que non puideran moverse. Mentres, remexeron toda a casa e incluso levantaron táboas de chan, pensando que habería obxectos de valor ou diñeiro debaixo.

Finalmente, tan só levaron dúas alianzas, dúas cadeas de ouro e o diñeiro que a muller tiña na carteira, que non chegaba aos 20 euros.

Comentarios