A encargada dunha tenda de Pontevedra persegue e retén a unha ladroa de roupa

Interceptouna na rúa Castelao, onde a presunta delincuente escorregou
Rúa Peregrina de Pontevedra. GOOGLE MAPS
Rúa Peregrina de Pontevedra. GOOGLE MAPS

Axentes da Policía Nacional identificaron unha muller tras ser interceptada pola encargada dunha tenda de roupa na rúa Peregrina, que a sorprendeu roubando e saíu correndo tras ela ata que a interceptou na rúa Castelao, onde a presunta delincuente escorregou. Nese momento caéronselle as pezas do interior dunha caixa metida nunha bolsa do supermercado.

A caixa de cartón era dunha impresora e estaba habilitada para eludir os dispositivos electrónicos de seguridade cos que as tendas dotan á súa mercancía.

Os funcionarios comprobaron que portaba varias pezas da tenda, dous abrigos e unha cazadora valoradas en 150 euros.

Comentarios