Entra un anticiclón en Galicia que deixará sol durante a semana

Este luns aínda se esperan  intervalos nubrados que poderían deixar choivas débiles e ocasionais

 

Nubes con sol. EP
photo_camera Nubes con sol. EP

Galicia comezará este luns a estar baixo a influencia dun anticiclón que deixará ceos despexados e altas temperaturas ao longo da semana. 
Con todo, segundo a predición de Meteogalicia, este luns aínda se esperan bancos de néboa matinais en zonas do interior e unha xornada de intervalos nubrados que poderían deixar choivas débiles e ocasionais. 

As temperaturas experimentarán un ascenso entre moderado e notable. Os ventos soprarán de compoñente norte en xeral, frouxos con intervalos de moderado. 
 

Comentarios