Evacuadas tres persoas, entre elas un menor, tras a colisión de dous vehículos en Nigrán

Unha muller recibiu a alta voluntaria no punto do suceso
Ambulancia do 061. ARQUIVO
Ambulancia do 061. ARQUIVO

Unha colisión entre dous vehículos rexistrada na mañá deste martes no municipio pontevedrés de Nigrán saldouse con tres persoas trasladadas a un centro hospitalario, entre elas un menor. 

Os feitos tiveron lugar tivo lugar sobre as 8,37 horas deste martes á altura do número 83 da rúa Manuel Lemos da Ramallosa, segundo indicaron fontes do servizo de urxencias 112. 

Por este motivo, o 112 Galicia trasladou o ocorrido ao Grupo de Urxencias Supramunicipal (GES) do Val Miñor, a Garda Civil de Tráfico e o corpo de Protección Civil da localidade. 

O 061, confirmaron a Europa Press fonte sanitarias, enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico para atender a catro persoas, unha das cales, unha muller de 47 anos recibiu a alta voluntaria no punto, mentres que foron evacuados ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) un menor; unha muller de 39 anos, R.R.A.; e o home M.A.M., de 35 anos.