Falece unha muller que rescataron da auga na Praia da Cuncha, en Ortigueira

Unha muller faleceu o xoves pola tarde cando se bañaba en Ortigueira.

Ocorreu ás 18:30 horas na Praia da Cuncha, tal e como indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para pedir asistencia médica para unha muller inconsciente que acababan de sacar da auga.

Decontado, o persoal do 112 solicitou a intervención dos profesionais sanitarios, que, malia aos intentos de reanimación, nada puideron facer por salvar a vida da persoa. Co equipo médico colaboraron as axentes da Policía Local e tamén foi informada a Garda Civil co fin de coñecer as circunstancias nas que se produciu o falecemento.

Comentarios