sábado. 27.11.2021 |
El tiempo
sábado. 27.11.2021
El tiempo

Falece Pencha Santasmarinas, promotora da organización das mariscadoras de Pontevedra

Pencha Santasmarinas. TVG
Pencha Santasmarinas. TVG

Activista política e feminista, foi impulsora da movilización contra o proxecto dunha central nuclear en Xove

Prudencia 'Pencha' Santasmarinas, faleceu este domingo en Santiago, onde estivo hospitalizada por un tumor cerebral. Tiña 75 anos.

Pencha Santasmarinas (Santiago, 1943) foi impulsora da movilización contra o proxecto dunha central nuclear en Xove. A finais de 1976 comezou unha campaña de promoción contra a central no ámbito rural, dando lugar posteriormente á creación do Sindicato Labrego Galego (SLG).

Feminista e activista política, traballou como funcionaria de Extensión Agraria de Viveiro e foi Xefa da Sección de Extensión Pesqueira da Xunta.

Santasmarinas foi defensora a ultranza dos dereitos das traballadoras do mar e promoveu da organización das mariscadoras de Pontevedra.

Recibiu a Medalla Castelao en 2010.

Falece Pencha Santasmarinas, promotora da organización das...
Comentarios