Falece un peregrino irlandés nunha pensión de Friol

O corpo non presentaba signos de violencia

Un peregrino de nacionalidade irlandesa apareceu morto este luns nun hostal do centro urbano de Friol.

O home de mediana idade foi atopado sen vida na súa habitación a media mañá polo persoal de limpeza.

O corpo sen vida non presentaba signos de violencia polo que a morte puido deberse a causas naturais.