Morre en Monfero nun sinistro cunha máquina agrícola

O suceso ocorreu nunha finca do lugar da Picheira

Unha persoa perdeu a vida este mércores tras sufrir un accidente mentres manexaba unha máquina de cortar leña, enganchada a un tractor, na súa finca. A vivenda sitúase no lugar da Picheira, no concello coruñés de Monfero.

O 112 informou de que unha persoa deu a alerta arredor das 14:15 horas. A partir dese momento, activouse un operativo no que participaron os profesionais sanitarios de urxencias, os Bombeiros de Eume e a Garda Civil da localidade.

Unha vez no lugar do accidente, os equipos de salvamento confirmaron que a vítima se atopaba accesible, polo que non foi necesario o uso de material de excarceración. No entanto, non puideron facer nada por salvarlle a vida.