Falecen dez persoas con coronavirus en Galicia, entre elas un mozo de 28 anos

As vítimas da pandemia na comunidade galega elévanse a 1.221 
Parte de la fachada del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac). CABALAR (EFE)
photo_camera Parte de la fachada del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac). CABALAR (EFE)

As vítimas que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia eleváronse a 1.221, despois de falecer nas últimas horas outras dez persoas diagnosticadas con covid-19, dúas delas procedentes de residencias de maiores e un mozo de 28 anos usuario un centro de discapacidade. 

En concreto, segundo os datos facilitados este martes pola Consellería de Sanidade, trátase de cinco homes e cinco mulleres. Todos eles presentaban patoloxías previas. 

No Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) faleceron unha muller de 88 anos e un home de 68. Ademais, tamén perdeu a vida un home de 84 anos no Hospital HM-Modelo Belén da Coruña. 

No Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) faleceu un mozo de 28 anos procedente do centro de discapacidade DoralResidencias. Trátase da persona máis nova falecida en Galicia. 

No Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Chuo) morreu unha muller de 67 anos e un home de 97. Así mesmo, faleceu unha muller de 86 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e un home de 93 anos no Hospital do Salnés. 

Pola súa banda, no Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) perdeu a vida unha muller de 82 anos procedente da Residencia San Salvador de Guntín, e outra de 74 anos usuaria do Asilo de Vilalba. 

Comentarios