El tiempo
lunes. 27.03.2023
El tiempo

Feijóo, a los conselleiros: "Non son xefes de ninguén, son servidores de todos os galegos"

El presidente de la Xunta posa con el nuevo Gobierno LAVANDEIRA JR
El presidente de la Xunta posa con el nuevo Gobierno. LAVANDEIRA JR

Con especial foco en traballar para que o Xacobeo de 2021 sexa "o mellor da historia", repasou todas as áreas e, tras remarcar que "Galicia non deixa de avanzar" e esixe "un Goberno preparado para retos futuros


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou a toma de posesión do seis conselleiros que entran ou ven reordenadas as competencias para pór deberes a todos os integrantes do seu Executivo, incluídos aos que seguen, dos que só dous -o vicepresidente Alfonso Rueda e Rosa Quintana- o acompañan desde 2009. 

Con especial foco en traballar para que o Xacobeo de 2021 sexa "o mellor da historia", repasou todas as áreas e, tras remarcar que "Galicia non deixa de avanzar" e esixe "un Goberno preparado para retos futuros", trasladou unha mensaxe a todos os membros do seu Executivo: "cada día terán unha cousa moi presente, que ser conselleiro non é ser xefe de ninguén, senón empregado e servidor de todos os galegos". 

"O lema de 2016, 'Galicia, Galicia, Galicia', mantén toda a súa vixencia", proclamou Feijóo, despois da intervención dos seis conselleiros que xuraron o seu cargo, que agradeceron a confianza recibida e garantiron o seu "compromiso" ante os novos retos que asumen.
 
Tamén José Manuel Rey Varela e Beatriz Mato, que deixan as súas carteiras autonómicas para competir polas Alcaldías de Ferrol e A Coruña, pronunciaron senllos discursos de despedida. Como nas últimas tomas de posesión, a conselleira Rosa Quintana non puido conter as bágoas de emoción en varios momentos do acto. 

Pola súa banda, Mato enxalzou a figura política de Feijóo e identificou estar no seu Goberno cunha experiencia mellor que "facer un máster", unha mención que posteriormente aproveitou o presidente galego, quen chanceou con que "o máster" do seu Goberno esixe "estar presente todos os días, incluídos sábados e domingos".

Feijóo, a los conselleiros: "Non son xefes de ninguén, son...
Comentarios