El tiempo
martes. 04.10.2022
El tiempo

Ferida ao producirse unha explosión na cociña da súa vivenda no Barco

Sucedeu na Rúa de Capilla, preto das 1335 horas

Unha muller precisou asistencia médica no Barco ao resultar ferida por mor dunha explosión ocorrida na cociña da súa vivenda. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, todo apunta a que unha avaría na cociña produciu o estalo dunha bombona, sen que se chegase a producir un incendio, o que provocou danos na estancia da casa.

Sucedeu na Rúa de Capilla, preto das 13:35 horas.

Nada máis recibir a alerta do ocorrido a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros e GES de Valdeorras, á Policía Local, á Garda Civil e á empresa subministradora do gas.

Segundo puido saber o 112 Galicia, a muller foi trasladada ao hospital do Barco de Valdeorras.

Ferida ao producirse unha explosión na cociña da súa vivenda no Barco