AVANCE
Ferida en Barreiros cando cociñaba cunha bombona de butano en Anguieira
Unha muller resultou feridas ao queimarse mentres cociñaba nas inmediacións da praia de Anguieira, en Barreiros, xunto ao embarcadoiro da ría.
Ao parecer, soltouse a mangueira da bombona que estaban a usar para preparar a comida. Unha ambulancia medicalizada desprazouse ata a zona para atender á afectada, aínda que se descoñece o alcance das lesións.