Un home resultou ferido de consideración na tarde deste domingo en Cambados despois de que quad no que viaxaba chocase contra unha parede. O accidente rexistrouse na parroquia de Vilariño pouco antes das 14.30 horas.
O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tras o que trasladou o aviso aos Bombeiros do Salnés, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil de Tráfico.
O home ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés polos efectivos sanitarios.