miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

A fin de semana comeza con tempo seco e sol en Galicia

As temperaturas máximas experimentarán un lixeiro ascenso. 

O venres Galicia quedará na influencia do anticiclón, o que deixará unha xornada de tempo seco e de sol. 

Os ceos permanecerán pouco nubrados ou despexados en xeral, con algún banco de néboa nas primeiras horas en puntos de interior e nubes de evolución no interior pola tarde. 

As temperaturas mínimas estarán sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. 

O vento soprará frouxo de compoñente leste, con réxime de brisas no litoral. 

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 6° 19°, Ferrol 5° 20°, Lugo 2° 18°, Ourense 5° 21°, Pontevedra 5° 21°, Santiago de Compostela 4° 19° e Vigo 6° 20°

A fin de semana comeza con tempo seco e sol en Galicia
Comentarios