Galicia, con duras restricións, pasa o medio milleiro de contaxios diarios

Sanidade notificou este venres tres mortes a causa do coronavirus, elevando a cifra total a 859
A estatua homenaxe ás Dúas Marías, con mascarillas. LAVANDEIRA JR (EFE)
photo_camera A estatua homenaxe ás Dúas Marías, con máscaras. LAVANDEIRA JR (EFE)

Galicia sumou 514 contaxios nas últimas 24 horas computadas, ata o seis da tarde do xoves, día no que entraron en vigor as novas restricións que inclúen máis peches perimetrais na provincia de Ourense e limitación de reunións sociais a cinco persoas en todo o territorio. 

Hai 53 infeccións máis que na xornada precedente, descubertas a través de PCR, os casos activos ascenden na comunidade a 5.880 nesa franxa, 205 máis, e as áreas sanitarias de Vigo e Ourense sitúanse por encima do milleiro cada unha, mentres que na de Santiago hai unha subida moi importante. 

En canto a os falecidos, a Consellería de Sanidade notificou este venres tres mortes vinculadas coa pandemia de covid-19 en Galicia, co que xa son 859 as vítimas mortais rexistradas na comunidade.

En concreto, os falecidos son un home de 79 anos que se atopaba ingresado no Hospital Clínico de Santiago, unha muller de 71 do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e unha muller de 91 anos usuaria da residencia Os Gozos, de Pereiro de Aguiar.

Así as cousas, a cifra total de falecidos desde o comezo da nova normalidade ascende a 240 en Galicia. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega había encadeado case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus.

AUMENTO DE CASOS EN TODAS AS ÁREAS. Os últimos datos recollidos na web específica da Xunta mostran un aumento de casos activos en todas as áreas sanitarias, fóra de Ourense, onde as limitacións son severas desde hai semanas, aínda que, con todo, segue sendo a zona que conta cunha porcentaxe global maior. 

A Consellería de Sanidade achega as seguintes cifras: Ourense (1.449, 40 menos), Vigo (1.005, 10 máis), Santiago (983, 92 máis), Ferrol (329, 46 máis), Pontevedra (595, 31 máis), Lugo (555, 13 máis) e A Coruña (964, 53 máis). 

Na área sanitaria de Ourense, onde os municipios do Irixo, Boborás e O Carballiño soamente manteñen abertos os servizos esenciais, son 64 os novos contagios, 12 menos nun día. Na de Vigo son 47 menos, ata os 64. 

Pola contra, en Compostela soben 53, ata os 131; na Coruña 27, ata 92; en Ferrol 23, ata 58; Lugo mantén o mesmo número, 46; e en Pontevedra ascenden en 9, ata os 59. 

Nestes momentos hai 48 pacientes ingresados en UCI, un máis, e 325 persoas hospitalizadas, 8 máis, mentres que, segundo o servizo galego de saúde, son 24.573 os curados, 318 máis tras as altas médicas dadas no mencionado período. 

As PCR realizadas até a data son 616.297, o que supón 6.781 máis. 

Galicia soamente permite, durante polo menos dúas semanas, reunións públicas ou privadas cun máximo autorizado de cinco persoas e na capital, Santiago de Compostela, unicamente se conviven baixo o mesmo teito. 
 

Comentarios