El tiempo
martes. 05.07.2022
El tiempo

Galicia recupera estabilidade atmosférica este martes

As precipitacións e as tormentas quedarán restrinxidas ao leste de Ourense 

O martes haberá alternancia de nubes e claros, con máis nubes canto máis ao norte, con bancos de néboa matinais en zonas de interior.

Pola tarde aumentarán as nubes de evolución no Leste que incluso poderán dar lugar a chuvascos tormentosos, máis probables en zonas de montaña. 

Nesta animación do radar de MeteoGalicia das tres útimas horas vemos os chuvascos treboentos que houbo durante esta tarde.
Xa a partir de mañá martes, iremos gañando estabilidade atmosférica, quedando as treboadas máis restrinxidas ás zonas altas do leste de #Galicia. pic.twitter.com/Cs2dai4zJS

— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) August 26, 2019

As temperaturas non experimentarán cambios significativos e os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral. 

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 18° 22°, Ferrol 18° 24°, Lugo 16° 26°, Ourense 16° 31°, Pontevedra 17° 28°, Santiago de Compostela 17° 25°, Vigo 17° 26°

Galicia recupera estabilidade atmosférica este martes
Comentarios