martes. 07.12.2021 |
El tiempo
martes. 07.12.2021
El tiempo

Galicia suma 21 falecidos e supera o milleiro de mortes a causa do covid

Parte de la fachada del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac). CABALAR (EFE)
Parte da fachada do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). CABALAR (EFE)
A cifra é similar a datos de comezos de abril, aínda que entre eles hai falecementos da fin de semana que aínda non se computaran

A Consellería de Sanidade informou este luns do falecemento de 21 persoas diagnosticadas de covid-19 nas últimas horas. Deste xeito, Galicia supera o milleiro de mortes desde o inicio da pandemia e acada un total de 1.009.

Estes 21 falecementos notificados este luns igualan a cifra do pasado 2 de novembro, un luns no que se comunicaron tamén 21 mortos. Cifras que se equiparan aos primeiros días de abril.

Con todo, a Xunta aclara que estas 21 mortes tamén se corresponden con falecidos da pasada fin de semana que aínda non se computaron.

Entre estes 21 falecidos hai polo menos oito vinculados con residencias, pois Sanidade explica que hai unha persona sobre a que aínda non se teñen os seus datos.

FALECIDOS. A lista destas 21 mortes queda como segue. Na Coruña, catro homes no Chuac de 82 anos, 84 anos (2) e 98 anos.

En Lugo, un falecido de 60 anos no HULA. Procedía da residencia Vivenda Comunitaria Remanso de Paz da Fonsagrada.

En Ourense, dous falecidos no CHUO: unha muller de 87 anos procedente da residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás e un home de 85 anos que procedía da residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar. Tamén hai un home de 72 anos falecido na residencia de Nosa Señora dos Miragres de Barbadás.

En Pontevedra, hai un home de 68 anos falecido no CHOP.

En Vigo son oito falecidos -un deles aínda sen datos-. Catro no Chuvi: unha muller de 91 anos e tres homes de 78 anos -este vivía na residencia de Salvaterra de Miño-, 83 e 86 anos. A estes súmanse tres mortes na residencia de Salvaterra de dúas mulleres de 85 e 91 anos, así como dun home 91 anos.

En Ferrol, son catro falecidos no CHUF. Dous homes de 74 e 81 anos, así como dúas mulleres de 84 e 89 anos.

A primeira morte computada na Comunidade na denominada 'nova normalidade' foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses -desde o 10 de xuño- sen decesos relacionados coa pandemia.

Galicia suma 21 falecidos e supera o milleiro de mortes a causa do...
Comentarios