Galicia tórrase ata o xoves con aire africano

O martes e o mércores rexistraranse 35 graos en Monforte, 34 en Lugo e 28 en Viveiro
Praia de Silgar, este domingo. JAVIER CERVERA
photo_camera Praia de Silgar. JAVIER CERVERA

Unha masa de aire subtropical, xunto coa estabilidade atmosférica que proporcionan as altas presións e a gran insolación propia esta época do ano, está a propiciar un episodio de altas temperaturas que se prolongará ata o xoves, polo menos, cos termómetros entre 35 e 40 graos centígrados en boa parte de país, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). 

"Esta situación de altas temperaturas vai a continuar polo menos ata o, aínda que o martes xa non subirán tanto no terzo oeste peninsular", confirmou. 

O martes e o mércores predominarán de novo os ceos despexados salvo por algunhas nubes no Cantábrico e formaranse nubes de evolución diúrna, principalmente, en zonas de montaña onde podería caer algún chuvasco en xeral débil e disperso e non se descarta que se rexistren tormentas noutros puntos do interior con pouca ou nula precipitación, é dicir "tormentas secas".

Ademais, as temperaturas seguirán sendo "moi altas", cando subirán na metade norte e baixarán algo mañá na metade oeste. En concreto, haberá máximas superiores aos 30 graos en practicamente toda Galicia, sobre todo no interior da comunidade

clima

Así, o martes e o Monforte superará os 35 graos; Lugo, os 34 e os 28 graos en Viveiro, a mesma temperatura que alcanzará Pontevedra, A Coruña e Vigo. 

Xa o xoves comezará un descenso das temperaturas que se prolongará ata o sábado. Do Campo precisou que o xoves no centro e este peninsular incluso poderían repuntar algún grao; aínda que en Galicia e o oeste de Castela e León, Estremadura e oeste de Andalucía notarase certo "alivio térmico".

Dese modo, destacou que se esperan valores superiores a 36º en boa parte do val do Gaudalquivir, amplas zonas de Castela- A Mancha, de Estremadura, Comunidade de Madrid e conca do Ebro. Incluso se superarán os 33 ou 35º no interior do País Vasco e en Mallorca. 

Ese día, haberá algunhas choivas en Asturias, Galicia, e pola tarde nubes de evolución diúrna con chuvascos tormentosos débiles e dispersos no norte peninsular e que afectarán especialmente a zonas de montaña. En canto ao fin de semana, adiantou que se prevén ceos nubrados con algunhas choivas no terzo norte da Península e formaranse nubes de evolución das que poden caer algúns chuvascos tormentosos a partir do mediodía noutras zonas da metade norte e do centro, sobre todo en áreas montañosas. 

As temperaturas o venres e o sábado darán "un respiro", con incluso algún orballo en puntos de Galicia. En todo caso, destacou que, en xeral quedarán por baixo de 32ºC. No entanto, a partir do domingo poderían volverán subir as temperaturas e iniciarase outro período moi caloroso en España.

Comentarios