El tiempo
viernes. 27.01.2023
El tiempo

Gozar do Nadal por toda Galicia

Belén de Begonte
Diversidade ▶ Xa se pode desfrutar de actividades navideñas nas catro provincias galegas con visitas a beléns ou mercados montados en distintas localidades con produtos relacionados con estas celebracións. Estas son algunas propostas incluídas no programa da Xunta Nadal en Galicia, que se pode consultar na web turismo.gal

Beléns

De interese turístico

  • Electrónico de Begonte. Do 3 de decembro ao 28 de xaneiro. Móntase ininterrompidamente desde 1972 con pezas artesanais e mecanismos electrónicos para o seu movemento. 150 m2 con máis de 150 figuras.
  • Artesanal en movemento de Valga. Do 4 de decembro ao 8 de xaneiro. É das composicións do Nadal máis espectaculares de Galicia, tanto polas súas dimensións como por incorporar tamén elementos da actualidade.

A Coruña

  • De la Grande Obra de Atocha. Do 25 de decembro ao 6 de xaneiro. Inaugurado en 1953 e restaurado en 2001, faise a escala do mapa de Xerusalén. O seu autor foi Camilo Díaz Baliño.
  • Municipal da Coruña. Do 9 de decembro ao 6 de xaneiro. Aparecen representadas persoas relevantes da historia da cidade.
  • De Betanzos. De mediados de decembro a mediados de xaneiro. Preténdese representar con narración gravada e movemento a historia, xeografía, etnia e actividades diversas.
  • Da Orde Terceira. Desde o 26 de novembro. Realizado por Alfredo Martín. Conta con máis de 60 anos de historia e máis de 200 figuras con movemento.
  • Da sociedade cultural O Tilo. Do 3 de decembro ao 8 de xaneiro. Iniciouse en 1994. Consta de máis de 300 figuras de barro lienzado, das que 35 son móbiles. Belén de estilo hebreo.
  • Da catedral de Santiago. Ata o 8 de xaneiro. De estilo napolitano con arredor de 500 figuras artesanais e moitas con movemento.
  • De San Fiz de Solovio. Do 2 de decembro ao 5 xaneiro. Cedido e montado por José Uzal Máis de 200 figuras de barro e lenzo pintado, todas feitas a man.
  • Familiar de Conxo. Do 6 de decembro ata o 8 de xaneiro. A familia Otero Moreira abre as portas da súa casa para poder contemplar este belén iniciado en 1945.
  • Da Colexiato do Sar.Conta con 300 figuras artesanais, 100 delas con movementos e luz. A auga e o seu movemento (muíño, fervenza e río) son naturais. Ten función de día e de noite.

Lugo

  • Concursode Belenismo. O belén quedará instalado no edificio de Afundación ata o 7 de xaneiro.
  • Viveiro ante o Berce. Desde a ponte da Inmaculada ata o 14 de xaneiro. A escala natural destaca pola ambientación e o realismo.
  • De Mondoñedo. Desde o 2 de decembro ata pasar Reis. É de madeira e está iluminado. Conta con tres caixas de correo para as cartas aos Reis Magos.

Ourense

  • De Arturo Baltar. Do 17 de decembro ao 6 de xaneiro. Realizado polo escultor Arturo Baltar, con figuras de barro cocido, nas que se pode recoñecer populares personaxes da cidade das Burgas.
  • Exposición Beléns do Mundo. Do 13 de decembro ao 5 de xaneiro. Máis de 150 beléns vidos dos lugares onde están presentes os misioneiros diocesanos.
  • De Parada de Sil. Do 1 de decembro ao 15 de xaneiro. Realizado por José María Campo Herrero, conta con 200 pezas en barro e madeira e conta cunha reprodución do mosteiro de Santa Cristina.
  • Da Viruca. Do 8 de decembro ao 6 de xaneiro. Ducias de figuras, moitas móbiles, que recollen escenas bíblicas e oficios tradicionais, coa particularidade de contar con reproducións a man de vivendas significativas de Verín.

Pontevedra

  • Monumental de Vigo. Do 25 de novembro ao 6 de xaneiro. A mostra conta con case 200 figuras. A montaxe estivo a cargo da Agrupación Belenista La Morana e modelada polo escultor Jose Luis Mayo Lebrija.
  • LVII Concurso de Beléns. Do 1 de decembro ao 7 de xaneiro.
  • Artesanal en movemento. Do 3 de decembro ao 8 de xaneiro. Con máis de 600 pezas deseñadas por Fernando Fernández Penedo, e un centenar de figuras en movemento grazas a motores reutilizados.
  • De Herville. Desde o 8 de decembro ata o 16 de xaneiro. Organizado pola asociación cultural e social desde 2006 en 80 metros cadrados.
  • Do pazo de Mos. Do 1 de decembro ao 7 de xaneiro.
  • Artesanal de Ponte Caldelas. Do 11 de decembro ao 5 de xaneiro. Este ano é de estilo hebreo, deseñado por Antonio Varela e Marisol Peso. O Nacemento imita unha aldea xudía.
  • De Tui. Do 20 de decembro ao 8 de xaneiro. Está situado xunto ao retablo da Expectación. A exposición Beléns do Mundo pódese ver tamén por todas as naves da catedral.
  • Da comandancia da Garda Civil. Lévao montando varios anos Antonio Varela Mourelle, centrado na etnografía e rural galegos. Conta cunhas 140 pezas que, excepto as figuras, foron feitas a man polo autor e Marisol Peso.
  • De Moraña. Do 10 de decembro ao 15 de xaneiro. Recrea as parroquias do concello, oficios tradicionais, edificios emblemáticos.

Mercados

A Coruña

  • De Nadal. Do 2 ao 31 de decembro. Téxtil, bixutería, decoración, xoiería, cerámica, percusión e marroquinería son algúns dos tipos de produtos que se venderán nas 25 casetas.

Ferrol

  • De Nadal. Ata o 9 de xaneiro. → Regalarte. Do 4 ao 11 decembro.

Santiago

  • De Nadal. Carreira do Conde: do 2 de decembro ao 5 de xaneiro. Área Central: do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. Produtos de Nadal, gastronomía gourmet e decoración propia da época e artesanía, deseño e agasallo orixinal.

Lugo

  • XX Artenadal. Do 17 de decembro ao 5 de xaneiro.

Ourense

  • De Nadal. Do 2 de decembro ao 6 de xaneiro.
  • Poboado de Nadal. Do 15 de decembro ao 9 de xaneiro.

Pontevedra

  • XX Pontenadal. Do 16 de decembro ao 5 de xaneiro.
  • Poboado de Nadal. Do 16 de decembro ao 7 de xaneiro.

Vigo

  • Calvario. Do 3 de decembro ao 30 de xaneiro. Mercado con produtos de Nadal, gastronómicos, de agasallo e de artesanía na zona peonil do Calvario.
  • Cíes-Market. Do 20 de novembro ao 16 de xaneiro. Orixinais casetas de madeira nas que se poten atopar produtos de artesanía, obxectos decorativos, gastronomía, agasallos.
  • Circo de Nadal. Do 2 de decembro a 8 de xaneiro. Unha nutrida troupe de artistas chegados de distintos países, trasladarán ao público unha historia que pretende xuntar a maxia do circo e do Nadal.

Cidade da Cultura

  • Nadal no Gaiás. Do 16 de decembro ao 8 de xaneiro.
  • O Bosque de Papel. Do 16 de decembro ao 6 de xaneiro. Este ano a decoración de Nadal escapa do contexto nórdico e está ambientada máis en Galicia e nas nosas paisaxes, que se recrearán con figuras de papel e cartón en forma de árbores e animais, formando un bosque.
  • Factoría de Adornos. Do 16 ao 30 de decembro. Agás 19, 20, 21, 24 e 25. Unha fábrica de adornos de Nadal co papel como materia prima e o origami como técnica.
  • Galiverso de Nadal. Do 2 ao 5 de xaneiro. Novas experiencias de realidade virtual vinculadas ao inverno e ás celebracións propias destas festas.

Artesanía

Viveiro

  • VIII Mercado de Nadal A Trastenda de Nicomedes. Do 20 de decembro ao 4 de xaneiro.

Gozar do Nadal por toda Galicia
Comentarios