Importantes retencións nas saídas da Coruña por controis disuasorios

A Garda Civil intenta evitar que a xente salga do perímetro
Un dos controis da Garda Civil. EFE
photo_camera Un dos controis da Garda Civil. EFE

As saídas da cidade da Coruña rexistraron á primeira hora desta tarde importantes retencións polo tráfico habitual dun venres e os controis disuasorios que realiza a Garda Civil para vixiar o peche perimetral da urbe.

A Xunta decidiu este venres realizar un confinamento perimetral das sete cidades e algúns municipios limítrofes ata o martes para conter a expansión da covid-19, pero sen pechar Galicia aos desprazamentos con outras autonomías para este fin de semana da festividade do Día de Defuntos.

A inmediatez da medida obrigou a Tráfico a establecer dispositivos con urxencia e xusto o día no que moitos coruñeses parten cara aos seus pobos.

Tráfico recibiu multitude de chamadas para consultar a situación de quen viven en concellos limítrofes coa Coruña pero que traballan e levan aos seus fillos a colexios na cidade, polo que o ocorrido á primeira hora desta tarde foi cualificado por moitos usuarios como "un caos".

A Garda Civil está a facer controis disuasorios para intentar evitar que a xente salga do perímetro, pero é "imposible porque non hai nin efectivos nin medios", engaden fontes do operativo. 

Comentarios